Tradución profesional e elegante
Son Miguel González, tradutor e intérprete literario e creativo desde 2012. Formeime en Vigo e en Londres e traballo con clientes locais e internacionais.
Miguel González
Quen son?
A calidade é sempre a miña preocupación principal, pois é a calidade a que resolve as necesidades das persoas. Analizo as necesidades comunicativas de cada proxecto e enfoco a tradución final para lograr os seus obxectivos. Asesórote e comunícome para calquera tipo de problema ou cuestión puntual.
Ante todo, teño as ferramentas, a experiencia e o coñecemento para facer o traballo que precisas.
Aplico a estratexia de tradución máis adecuada en cada caso
Existen diversos enfoques nos estudos de tradución para medir a calidade ou a adecuación dun texto traducido. Contratándome a min, asegúraste de que vou aplicar a mellor perspectiva para o teu caso.
Contratar un tradutor ou intérprete antes que unha axencia ten moitas vantaxes. Sabes con quen estás a falar, o contacto é moito máis directo e a estimación de prazo máis realista. Sobre todo, tes a tranquilidade de que vou estar centrado ao 100 % no teu encargo.
As miñas linguas de traballo son inglés (C2), galego e castelán (son nativo nas dúas). Podes ver as miñas áreas de especialización no resto da web.
Adicionalmente, teño coñecementos básicos de alemán, portugués, galés, italiano, ruso e chinés. Toda cultura enriquece o proceso de tradución, aínda que non traballe directamente desde estas linguas.
Son socio da AGPTI, a asociación galega de profesionais da tradución e da interpretación, e de ACE Tradutores, a asociación de tradutores literarios do Estado español.
Traballo con todo tipo de ferramentas e formatos de arquivo, así que seguro que podemos traballar co que precises ti.
Tradución e interpretación
Pódoche axudar. E non só axudar, senón que podo ofrecerche o mellor estilo de tradución para os teus obxectivos.
Teño formación, unha forte ética profesional e experiencia de traballo tanto en España como no Reino Unido.
Teño máis de 4 anos de experiencia como consultor e traballador en proxectos para clientes internacionais.
O máis destacado

Aforcar a Geordie cunha corda d’ouro
“Geordie” é o nome polo que se coñece unha balada, ou conxunto das mesmas (por simplificación imos usar aquí o termo balada), que narra a execución (ou non) da personaxe titular, e que tamén contén unha segunda personaxe, unha dona, amante ou muller do condenado, que intercede pola súa liberación.