Van aforcar ao Geordie cunha corda de ouro
“Geordie” é o nome polo que se coñece unha balada, ou conxunto das mesmas (por simplificación imos usar aquí o termo balada), que narra a execución (ou non) da personaxe titular, e que tamén contén unha segunda personaxe, unha dona, amante ou muller do condenado, que intercede pola súa liberación.