Lingüística computacional

Se xestionas proxectos de lingüística computacional, NLU ou NLP, podes porte en contacto comigo. Teño máis de 4 anos de experiencia como consultor e traballador en proxectos de primeira clase para clientes internacionais.

Teño experiencia xestionando corpus, proxectos de anotación masiva (con atención ao detalle, unha cuestión moi importante para teus resultados). Podo ofrecerche unha visión honesta e con coñecemento de causa sobre o estado dos teus datos.

Podo xerar datos e escribir gramáticas das formas máis flexibles que permitan as túas ferramentas, de cara a ter un elevado número de permutacións que enriquezan o teu sistema. Non teño medo a facer un esforzo extra para asegurarme de manter a concordancia, a calidade gramatical e o estilo adecuado.

Teño moi bo ollo para analizar, estudar e solucionar problemas nos teus modelos. Houbo un problema e hai sectores do corpus mal anotados? Xa non hai problema. Hai unha contradición severa en como estás xestionando determinados termos? Documéntoo, infórmoche ao detalle e propoño solucións.

Tamén podo axudar coa túa recollida de datos de múltiples maneiras.

A miña experiencia permíteme tamén aconsellarche a nivel de deseño de modelos. Xestionar determinados termos dunha maneira ou doutra vai ser doado ou non para os teus anotadores? Cal é o sentido de priorizar unha anotación sobre outra? É viable para todas as linguas coas que traballas?

As túas comunicacións son claras e as túas ferramentas eficientes? Precisas axuda para levar equipos multilingües?

Contacta comigo e falemos de como podo axudarte.

miguel-gonzalez-linguistica-computacional-pc

Queres saber máis?

Descubre como podo axudarte nas túas necesidades.